Noticias

O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aproba o orzamento para o próximo ano

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, dálle a benvida a Ignacio López Chaves como novo membro


28 out 2015

O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou hoxe o orzamento para o próximo ano, que queda fixado en 3,2 millóns de euros.

A presidenta da Deputación e presidenta do Consorcio, Carmela Silva, deu a benvida ao delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, que tomou posesión como membro de pleno dereito do Consorcio, tras o seu nomeamento para este cargo na cidade olívica.

O orzamento do ente provincial rexistra o incremento do 1 % aprobado polo Estado para os salarios do persoal, polo que a cifra final aproxímase ao orzamento co que contaba este organismo para 2015.

O Pleno do Consorcio está formado por Carmela Silva, como presidenta; os deputados provinciais Carlos López Font e Javier Dios, como vocais; Luis Menor, director xeral de Emerxencias da Xunta; e os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Ignacio López Chaves, respectivamente.