Noticias

David Regades reúnese co alcalde de Ponte Caldelas para coñecer as necesidades da localidade

O deputado de Cooperación aproveitou a súa visita para felicitar a Andrés Díaz pola consecución da "bandeira azul" para a praia fluvial por segundo ano


05 mai 2016
Ponte Caldelas

O deputado de Cooperación, David Regades acudiu hoxe a localidade de Pontecaldelas para manter unha xuntanza co seu alcalde, Andrés Díaz e analizar as necesidades do seu concello. Regades aproveitou este encontro para felicita a Díaz pola consecución da "bandeira azul" para a praia fluvial de Pontecaldelas por segundo ano consecutivo, noticia que foi coñecida hoxe mesmo.

Pola súa parte, o alcalde manifestou o seu agradecemento a Nova Deputación  pola posta en marcha do plan concellos que servirá para realizar diferentes actuacións urxentes en varias  parroquias da localidade. O concello de Pontecaldelas ten adxudicado preto de medio millón de euros dentro do "Plan Concellos 2016" dos cales xa ten concedido por riba do 25 por cento do orzamento total. Entre eles se atopa o plan de emprego, dotado de máis de 110.00 euros, que permitiu a contratación de catorce traballadores ao longo deste ano para da apoio os servizos municipais.

O deputado provincial, David  Regades comprometeuse  co alcalde a estudar unha seria de demandas históricas de Pontecaldelas como é a  renovación do cesped  do campo de fútbol ou a mellora da acústica do pavillón municipal para convertelo nunha instalación multiusos que podería albergar ademais de actividades deportivas, outras de tipo musicais e cultural.

Andrés Díaz e David Regades tamén falaron do  apoio  a diferentes actividades de ámbito deportivo e cultural que van ter lugar no Concello de Pontecaldelas nos próximos meses como é a  Festa da Troita, que chega a súa 50 edición este ano, ou a festa gastronómica da emigración que se desenvolverá neste concello pontevedrés por primeira vez neste 2016.