Noticias

Crecente recibe 20.000 € do Plan Concellos para a revisión, actualización e valoración do inventario

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Crecente sitúase nun 64,17 %, representando un investimento na vila de 431.808,58 €


14 agosto 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, unha nova axuda ao Concello de Crecente ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase, nesta quenda, dunha achega de 20.000,01 euros para a revisión, actualización e valoración do inventario, epígrafe C (Vías públicas).

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 335.523,45 euros na liña 1 destinados á mellora e acondicionamento de vías municipais, á mellora do acceso ao Tarendo (Rebordechan), á Carreira (Albeos) e á Rubia (Crecente), á mellora de fontes na parroquia da Ameixeira, ao abastecemento en Cerraque (Albeos) e actuacións varias na rede de saneamento municipal e ao financiamento do edificio polideportivo, pista de pádel e mellora de accesos e servizos na rúa García Neira. Tamén, outros 76.285,12 € foron destinados á contratación de 10 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no Concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 431.808,58 € do total destinado a Crecente, isto é, 64,17 %.