Noticias

#COVID-19 A Deputación pon máis de 600.000 euros ao dispor dos concellos das comarcas do Condado e A Paradanta para que poidan afrontar emerxencias sociais

Estas achegas enmárcanse nas axudas en materia social para os concellos máis pequenos da provincia, cun importe de máis de catro millóns de euros


24 marzo 2020
Axudas

Os oito concellos de menos de 20.000 habitantes das comarcas do Condado e A Paradanta xa teñen a súa disposición 602.870 € en axudas para emerxencias sociais, medida que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facerlles fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de axudas sociais extraordinarias e o Plan de servizos comunitarios básicos e do servizo de axuda no fogar (SAF), que, xunto coas axudas de emerxencia, constitúen un fondo destinado aos concellos máis pequenos da provincia que ascende a máis de catro millóns de euros (medio millón para as axudas básicas de emerxencia, 2,2 millóns para o Plan de servizos comunitarios básicos e o SAF e 1,3 millóns para a nova liña de axudas extraordinarias). En concreto, os concellos das comarcas do Condado e A Paradanta que xa poden pedir as axudas son A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario e Salvaterra de Miño.

Máis polo miúdo, o concello da Cañiza recibirá 90.175,86 € da Deputación de Pontevedra, distribuídos entre 9.500 € das axudas básicas de emerxencia, 48.339,71 € da liña de axudas sociocomunitarias e o SAF, 17.780 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € da nova liña de axudas segundo o índice de envellecemento.

No caso de Arbo as axudas ascenden a 79.458,21 €, dos cales 7.650 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, 44.552,06 € da liña de axudas sociocomunitarias e o SAF, 12.700 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € das axudas segundo o índice de envellecemento.

Pola súa banda, As Neves percibirá máis de 68.000 €, dos cales 7.650 € proveñen das axudas de emerxencia, un total de 30.718,71 € dos servizos sociocomunitarios e o SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € das axudas segundo o índice de envellecemento.

O concello de Covelo beneficiarase de ata 70.643,86 € da Deputación de Pontevedra, distribuídos en 7.000 € das axudas básicas de emerxencia, 36.387,71 das axudas de servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € da nova liña de axudas segundo o índice de envellecemento.

No que se refire ao concello de Crecente, este percibirá 64.145,74 €, dos cales 7.000 € correspóndense con axudas de emerxencia, 29.889,59 € cos servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € coa nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e outros 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

No caso de Mondariz as achegas ascenden a máis de 93.500 €, distribuídos en 7.650 € das axudas de emerxencia, 56.079,21 € dos servizos sociocomunitarios e o SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

As axudas da Deputación de Pontevedra para Mondariz-Balneario ascenden a uns 57.000 €, dos cales 7.000 € correspóndense coas axudas de emerxencia, 22.697,20 € cos servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € coa nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € coas axudas segundo o índice de envellecemento.

Por último, o concello de Salvaterra de Miño recibirá arredor de 80.000 €, dos cales 9.500 € proceden das axudas de emerxencia, 52.523 € dos servizos sociocomunitarios e o SAF e 17.780 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Ademais destas axudas para os concellos en materia social, o Goberno da Deputación de Pontevedra tamén publicou hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo fondo de liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias neste servizo.

CONCELLO IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  AXUDAS EMERXENCIAS IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE BASES SOCIOCOMUNITARIOS E SAF IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO TRAMOS POBOACIÓN IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO INDICE ENVELLECEMENTO TOTAL POR CONCELLO
A CAÑIZA 9.500,00 € 48.339,71 € 17.780,00 € 14.556,15 € 90.175,86 €
ARBO 7.650,00 € 44.552,06 € 12.700,00 14.556,15 € 79.458,21 €
AS NEVES 7.650,00 € 30.718,71 € 15.240,00 € 14.556,15 € 68.164,86 €
COVELO 7.000,00 € 36.387,71 € 12.700,00 14.556,15 € 70.643,86 €
CRECENTE 7.000,00 € 29.889,59 € 12.700,00 14.556,15 € 64.145,74 €
MONDARIZ 7.650,00 € 56.079,21 € 15.240,00 € 14.556,15 € 93.525,36 €
MONDARIZ BALNEARIO 7.000,00 € 22.697,20 € 12.700,00 14.556,15 € 56.953,35 €
SALVATERRA DE MIÑO 9.500,00 € 52.523,00 € 17.780,00 €   79.803,00 €

Total de Comarcas do Condado e A Paradanta

602.870,24 €