Noticias

#COVID-19 a Deputación pon case 900.000 euros ao dispor dos concellos da área de Pontevedra para que poidan afrontar emerxencias sociais

Estas achegas enmárcanse nas axudas en materia social para os concellos máis pequenos da provincia, cun importe de máis de catro millóns de euros


24 marzo 2020
Axudas

Os once concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca de Pontevedra xa teñen á súa disposición máis de 862.000 € en axudas para emerxencias sociais, medida que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para facerlles fronte ás novas necesidades da crise sanitaria do coronavirus. Hoxe publícanse no BOPPO a nova liña de axudas sociais extraordinarias e o Plan de servizos comunitarios básicos e do servizo de axuda no fogar (SAF), que, xunto coas axudas de emerxencia, constitúen un fondo destinado aos concellos máis pequenos da provincia que ascende a máis de catro millóns de euros (medio millón para as axudas básicas de emerxencia, 2,2 millóns para o Plan de servizos comunitarios básicos e o SAF e 1,3 millóns para a nova liña de axudas extraordinarias). En concreto, os concellos da comarca de Pontevedra que xa poden pedir as axudas son A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas e Vilaboa.

Máis polo miúdo, o concello da Lama recibirá arredor de 76.000 € da Deputación de Pontevedra, distribuídos entre 7.000 € das axudas de emerxencia, 41.345,35 € da liña de axudas para servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e outros  14.556,15  € das axudas extraordinarias segundo o índice de envellecemento.

No caso de Barro as axudas ascenden a 62.000  €, dos cales 7.650 € proveñen das axudas básicas de emerxencia, arredor de 40.000 € da liña de axudas para servizos sociocomunitarios e o SAF e 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

Pola súa banda, o concello de Caldas beneficiarase de ata 79.000 € da Deputación de Pontevedra, distribuídos en 10.200 € das axudas básicas de emerxencia, 50.900 € das axudas para servizos sociocomunitarios e o SAF e arredor de 18.000 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

O concello de Campo Lameiro percibirá máis de 62.000 €, dos cales 7.650 € correspóndense coas axudas de emerxencia, máis de 27.300 € cos servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € coa nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e outros 14.556,15 € coas axudas segundo o índice de envellecemento.

No caso de Cerdedo-Cotobade as achegas ascenden a máis de 106.500 €, distribuídos en 14.650 € de axudas de emerxencia, arredor de 60.000 € das axudas de servizos sociocomunitarios e o SAF, 17.780 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

As axudas da Deputación de Pontevedra para Cuntis ascenden a arredor de 79.000 €, dos cales 7.650 correspóndense coas axudas de emerxencia, 41.521,21 € cos servizos sociocomunitarios e o SAF, 15.240 € coa nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 15.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

Pola súa banda, Moraña percibirá máis de 61.000 €, dos cales 7.650 € proveñen das axudas de emerxencia, máis de 23.500 € dos servizos sociocomunitarios e o SAF, 15.240 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

O concello de Poio recibirá máis de 126.000 €, dos cales 10.900 € proceden das axudas de emerxencia, arredor de 93.000 € dos servizos sociocomunitarios e o SAF e 22.860 € da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación.

No concello de Ponte Caldelas as axudas rozan os 83.000 €, sendo 9.500 € o importe máximo solicitable das axudas de emerxencia, arredor de 41.000 € o das axudas para servizos sociocomunitarios e o SAF, 17.780 € o da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

Portas recibirá arredor de 65.000 € deste novo paquete de medidas sociais da Deputación de Pontevedra. Desta contía, 7.650 € destínanse ás axudas de emerxencia, arredor de 30.000 € aos servizos sociocomunitarios e o SAF, 12.700 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e  14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

Por último, Vilaboa vai beneficiarse de ata 63.000 €, dos cales 9.500 € enmárcanse nas axudas de emerxencia, máis de 21.000 € irán para os servizos sociocomunitarios e o SAF, 17.780 € proceden da nova liña de axudas extraordinarias segundo tramos de poboación e 14.556,15 € segundo o índice de envellecemento.

Ademais destas axudas para os concellos en materia social, o Goberno da Deputación de Pontevedra tamén publicou hoxe no BOPPO as axudas de anticipos tributarios do novo fondo de liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros para os concellos que teñen delegadas as súas competencias neste servizo.

CONCELLO IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  AXUDAS EMERXENCIAS IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE BASES SOCIOCOMUNITARIOS E SAF IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO TRAMOS POBOACIÓN IMPORTE MÁXIMO SOLICITABLE  NOVA LIÑA AXUDAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO INDICE ENVELLECEMENTO TOTAL POR CONCELLO
A LAMA 7.000,00 € 41.345,35 € 12.700,00 € 14.556,15 € 75.601,50 €
BARRO 7.650,00 € 39.097,77 € 15.240,00 €  

 

61.987,77 €
CALDAS DE REIS 10.200,00 € 50.907,00 € 17.780,00 €   78.887,00 €
CAMPO LAMEIRO 7.650,00 € 27.328,00 € 12.700,00 € 14.556,15 € 62.234,15 €
CERDEDO-COTOBADE 14.650,00 € 59.534,78 € 17.780,00 € 14.556,15 € 106.520,93 €
CUNTIS 7.650,00 € 41.521,21 € 15.240,00 € 14.556,15 € 78.967,36 €
MORAÑA 7.650,00 € 23.577,00 € 15.240,00 € 14.556,15 € 61.023,15 €
POIO 10.900,00 € 92.628,50 € 22.860,00 €   126.388,50 €
PONTE CALDELAS 9.500,00 € 40.917,00 € 17.780,00 € 14.556,15 € 82.753,15 €
PORTAS 7.650,00 € 29.806,50 € 12.700,00 € 14.556,15 € 64.712,65 €
VILABOA 9.500,00 € 21.115,64 € 17.780,00 € 14.556,15 € 62.951,79 €

Total Zona de Pontevedra

862.027,95 €