Noticias

"Conectadas 2018", o programa de Igualdade, arrancou esta tarde en Lalín cun curso de ximnasia de mantemento

O deputado Javier Dios acudiu ao primeiro obradoiro no que participan 15 mulleres da Asociación Laxeiro. No ano 2017, 5.500 persoas da provincia participaron en "Conectadas"


13 xuño 2018
Javier Dios no primeiro obradoiro do programa de igualdade da Deputación de Pontevedra,

O deputado Javier Dios acudiu esta tarde en Lalín ao primeiro obradoiro do programa de Igualdade da Deputación de Pontevedra, "Conectadas 2018". Deste xeito, a terceira edición deste programa arrancou na vila de Deza cun curso de "Ximnasia de mantemento", que será de 35 horas e impartirase os mércores de 18:15 a 19:15 horas. A esta acción formativa asistirán 15 mulleres da Asociación de Amas de Casa Laxeiro.

 "Conectadas 2018" é o programa destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento das mulleres, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes".

Esta terceira edición conta cun orzamento de 324.000 euros e vanse desenvolver 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: "Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego", "Muller e cultura: Artes Visuais", "Actualízate", "Coas túas mans", "Porque ti o fas", "Súmate ao cambio", "Ponte en forma" e "Coidados persoais".

No ano 2017 beneficiáronse de "Conectadas" un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo preto de 5.500 persoas participantes.