Noticias

Carmela Silva propón incluír na guía de boas prácticas das deputacións de España a iniciativa Plan Concellos

A presidenta da Deputación de Pontevedra reclama ante a comisión da FEMP que as leis do Goberno estean dotadas do correspondente orzamento para evitar que as administracións locais teñan que suplir a carencia de recursos


15 decembro 2016
comisión da FEMP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo hoxe que a guía de boas prácticas das deputacións españolas debería incluír a iniciativa do "Plan Concellos" que desenvolve   a  institución pontevedresa dende o ano 2016. Silva asistiu hoxe en Zamora á xuntanza da Comisión de Deputacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na que con el resto dos presidentes de  deputacións de España  aprobáronse varias propostas.

Unhas das iniciativas principais adoptadas nesta xuntanza bo a elaboración dunha guía de boas prácticas, nas que as deputacións de todo o país poderán compartir experiencias para ser implantadas noutras zoas.

Carmela Silva trasladou a súa intención de incluír nesta guía o novo modelo político  de reparto equilibrado e equitativo dos fondos da Deputación de Pontevedra entre todos os concellos da provincia. " Son moitos  presidentes e presidentas os que nos piden información do noso  modelo económico para poder implantalo nos seus territorios. Con esta guía daremos a coñecer o plan Concellos en toda España", subliñou Silva.

Outro dos aspectos abordados nesta comisión foi unha reclamación de Carmela Silva na que plantexa que é obrigado que as leis do goberno do Estado ou das autonomías teñen que estar dotadas dos suficientes recursos económicos para poñelas en práctica. A presidenta subliñou que nestes intres cando se están a cuestionar a propia existencia das deputacións  e falando incluso da súa eliminación e a redución do seu persoal e "xusto cando as deputacións están suplindo  cos seus orzamentos e funcionarios o desenvolvemento das leis do goberno central e das autonomías prestando os servizos aos concellos das súas provincias".

A presidenta puxo como como exemplo a lei de administración electrónica no que a Deputación de Pontevedra vai investir un millón de euros no seu desenvolvemento nos concellos da provincia. Silva destacou que  "non poden aprobarse leis coas que recaen obrigacións nos Concellos e as deputacións sen dotar a estas administracións de recursos suficientes".

De feito, a reclamación feita por Carmela Silva foi aceptada pola comisión e vai ser trasladada por unanimidade ao presidente da FEMP.

Tamén se trasladou a todas as deputacións a "Declaración de Montánchez" sobre despoboamento no rural para solicitar a súa adhesión á mesma. A Deputación de Pontevedra xa aprobara a súa adhesión a esta declaración hai varias semanas "o despoboamento  en toda España é unha realidade que non podemos esquecer. Unha realidade que se traslada tamén á provincia de Pontevedra e contra a que temos que loitar", dixo a presidenta anunciando ademais que propoñerán a todos os grupos políticos da Deputación  de Pontevedra a aprobación dun pacto polo despoboamento e o seu traslado a todos os Concellos da provincia.  De feito anunciou o traslado do manifesto de Montánchez para que os alcaldes e alcaldesas desta provincia coñézano e póidanse adherir ao mesmo porque  "temos que dar voz a este problema e buscar solucións entre todas as administracións e forzas políticas", subliñou Silva.