Noticias

Carmela Silva inaugurou o campo de fútbol de Silleda, renovado pola Deputación de Pontevedra

A institución municipal destinou máis de 200.000 € á reforma do campo de fútbol do Outeiriño de Silleda a través da liña 1 do Plan Concellos 2017


05 agosto 2017
Inauguración do campo de fútbol de Silleda

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acudiu esta tarde xunto ao deputado provincial David Regades e ao alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, á inauguración do campo de fútbol de Outeriño, renovado gracias ao investimento de 214.107,38 € , enmarcado no "Plan Concellos 2017"  da Deputación de Pontevedra. Neste acto de reapertura tamén participou a Banda de Música Municipal.

O campo inaugurouse cun partidillo entre xuvenís e veteranos e tras o acto de inauguración comezou un torneo de fútbol sete.

As obras levadas a cabo no campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda, consistiron na mellora do campo mediante a renovación do céspede, así como un reforzo do muro existente. O céspede instalado é un céspede artificial de última xeración (homologado FIFA Quality Pro) de 42 mm lastrado con area de cuarzo redondeada e estendido dunha capa superior de granulado de caucho SBR. Tamén regularizáronse as pendentes, enchéronse blandones e oquedades con caucho aglomerado e reforzouse o muro de bloque de formigón con ocos recheos de formigón armado.

O campo de fútbol visitado hoxe por Carmela Silva puido ser reformado a través da liña 1 do "Plan Concellos 2017". Con esta nova achega o Concello de Silleda xa recibiu o 100% do investimento que lle correspondía con este plan, isto é 741.288,05 €, un 17,63%  máis que no ano anterior.

En concreto, a Deputación de Pontevedra destinou ao Concello de Silleda 650.084,60 € a través da liña 1 deste plan, cos que ademais da reforma do campo de fútbol de Outeiriño puidéronse mellorar a capa de rodadura de vías municipais e acondicionar o parque As Pedrosas; e 91.203,45€ a través da liña 3, que permitiron a contratación de 7 traballadores e traballadoras para complementar os servizos municipais.

Fotos