Noticias

Carmela Silva felicita a Baiona por lograr a distinción de internacional para a festa da Arribada


05 nov 2015

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, felicitou hoxe os veciños e as veciñas de Baiona por acadar o recoñecemento de festa de Interese Turístico Internacional para a festa da Arribada.

Esta distinción, a máxima que unha festa deste estilo pode acadar, é un recoñecemento cultural de primeira orde e sitúa a Baiona entre as elites turísticas do mundo. Para a presidenta esta categoría representará o recoñecemento de Baiona como destino básico nas Rías Baixas.

Silva quixo tamén felicitar o concello de Baiona polo traballo desenvolvido nos últimos anos á fronte desta festa e animouno a continuar nesta senda. Sinalou que contará co apoio de Turismo Rías Baixas, organismo dependente da Deputación, para dar a coñecer a vila onde chegou a  maior nova do mundo moderno.