Noticias

Carmela Silva asina un convenio coa parroquia de Cabral para a restauración dunha pía bautismal

A Escola de Cantería da Deputación tamén realizará un cruceiro que se situarán fronte a igrexa de Santa Mariña da parroquia viguesa


20 xuño 2017
Cabral firma convenio

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe un convenio co párroco de Santa Mariña de Cabral, Avelino Rodríguez Fernández, polo que a institución provincial, a través da súa Escola de Cantería, construirá un cruceiro e restaurará unha pía bautismal que data do ano 1884, para a que hai que realizar unha base. Estas dúas pezas estarán situadas no xardín que está ó lado da igrexa de Santa Mariña de Cabral.

Con este acordo, que ten coma prazo límite de execución o 31 de decembro de 2017, a Deputación de Pontevedra comprométese a desembolsar 8.627,30 euros (7.500 euros do cruceiro e 1.125 euros da pía).

O cruceiro será construído en granito silvestre galego, pesa arredor de 2 toneladas e ten unha altura de máis de 5 metros. En canto a pía, esta estará realizada en granito a modo de columna. A pía ten un diámetro de 1,24metros e un alto de 70 centímetros, decorada cun motivo semellante a unha cuncha.

Unha vez instaladas as pezas escultóricas a parroquia de Santa Mariña de Cabral asumirá as responsabilidades de conservación e mantemento das mesmas.

Fotos