Noticias

Carlos Font confirma que o Goberno provincial aprobará este venres preto de 70.000 euros para Oia

A Xunta de Goberno aproba estas achegas dentro da liña 1 do Plan Concellos, para a renovación e ampliación da rede de saneamento municipal


17 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento da renovación e ampliación da rede de saneamento municipal ao longo dun tramo do camiño de Refoxos, na parroquia de Loureza, en Oia. A actuación ten un importe de 69.309,43 euros que forman parte dos fondos da liña 1 do Plan Concellos 2018 e 2019, que o Goberno de Carmela Silva adiantou este ano para que os concellos puideran acometer con máis tempo obras de maior envergadura.

Máis polo miúdo, as obras de renovación en Loureza consistirán na ampliación do camiño de Refoxos para facelo máis accesible, na ampliación tamén da rede de saneamento existente e a súa conexión coa rede municipal. Ademais a actuación tamén contempla o asfaltado da zona, a realización e reconstrución de muros de cachotería e, para finalizar, a colocación dunha varanda metálica.

Este ano 2018, a través do Plan Concellos, o Goberno de Carmela Silva destina a Oia 757.063,55 euros, o que supón un 74,58 % máis que no exercicio anterior.


Novas relacionadas