Noticias

Avilés inspírase no CAAN da Deputación para deseñar un Centro comarcal de Recollida de Animais


12 maio 2021
Visita CAAN

O Concello de Avilés visitou hoxe as instalacións do Centro de Acollida e Recepción de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra para coñecer in situ o seu funcionamento e recoller ideas para deseñar e executar o futuro centro comarcal de Avilés, que dará servizo a un total de 14 concellos asturianos. O deputado de Centros da Deputación, Manuel González, acompañado de persoal técnico provincial, recibiu ao concelleiro de Mantemento e Participación Cidadá de Avilés, Jorge Luis Suárez. Na visita estivo tamén a arquitecta de Tragsa, Mónica Sanz, que colabora con Avilés neste proxecto. O CAAN xa recibiu nos últimos meses outra visita do concello coruñés de Carballo coa mesma finalidade e a Deputación da Coruña tamén pediu información sobre as súas características.