Noticias

As Neves transformará a biblioteca municipal cun investimento de 35.000 € do Plan Concellos 2017

A institución provincial leva entregado preto do 79 % do total destinado ás Neves dentro do plan, cun investimento situado en máis de 420.000 euros


18 agosto 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello das Neves no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de Investimentos. Así, coa axuda valorada en 35.237,37 euros, As Neves poderá transformar a biblioteca municipal nun espazo activo de participación e de creación.

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara ás Neves 239.293,56 euros en liña 1 para proxectos como a mellora da pavimentación de camiños nas trece parroquias que compoñen o concello, outro de mellora de eficiencia enerxética e das medidas de seguridade nos cadros do alumeado público de todo o concello, a instalación de sinais informativas e melloras nas comunicacións do cadro da estación de tratamento de augas potables e unha interconexión entre os distintos depósitos de auga que a conforman. Ademais, outros 33.563,47 euros en liña 2 destinados ao financiamento dun proxecto de posta en valor dos recursos turísticos da l0ocalidade, da Feira do Requeixo e do Mel, da Festa do Viño Tinto e para diversos gastos correntes e, por último, 112.296,81 euros en liña 3 cos que As Neves puido contratar a 16 persoas que están a desenvolver as súas profesións nos distintos servizos municipais da localidade.

Coa suma desta nova achega, As Neves xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 79,1 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 420.391,31 euros dun total de máis de 530.000 euros.


Novas relacionadas

plan concellos

15 xullo 2017, plan concellos, as neves, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra