Noticias

Agolada inviste máis de 7.500 € do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra na mellora da eficiencia enerxética do complexo deportivo

No grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Agolada sitúase nun 22,75 %, representando un investimento na vila de 200.013,99 €


10 xullo 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de Agolada ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 7.654,70 euros para a mellora da eficiencia enerxética no complexo deportivo da vila.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello. En concreto, 28.747,60 euros na liña 1 para financiar a impermeabilización de dúas piscinas municipais.

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 48.850,06 € na liña 2 para o financiamento do campus infantil e da liga de fútbol 7, a XXII Mostra de Artesanía e Romaría Medieval e outro gasto corrente novo. E tamén, outros 114.761,63 € foron destinados á contratación de 17 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 200.013,99 € do total destinado a Agolada, isto é, o 22,75 %.