Noticias

A Xunta de Goberno da Deputación aproba máis de 250.000 euros para A Guarda e O Rosal ao abeiro do Plan Concellos

Con estes investimentos do plan, o Goberno provincial de Carmela Silva xa leva destinados aos concellos da provincia máis de 36 millóns de euros


20 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou dúas novas achegas para os concellos da Guarda e do Rosal dentro da liña 1 do Plan Concellos 2017. Estes investimentos supoñen un total de 252.261,56 euros.

No caso da Guarda, a institución provincial destina 100.000 euros para o proxecto de execución de recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal. En total, con esta aprobación, o Concello da Guarda xa recibiu 757.121,37 euros dos 765.965,35 euros que lle corresponden este ano, é dicir, o 98,8 % do total do Plan Concellos destinado para a vila do Baixo Miño está xa aprobado.

Pola súa banda, O Rosal recibirá 152.261,56 euros para o tratamento de augas no depósito de Martín. Con esta aprobación, a Deputación de Pontevedra xa achegou ao Rosal 549.659,61 dos 556.355,34 euros que lle corresponden este ano, é dicir, xa ten aprobado tamén o 98,8 % do total do plan.

Con estes novos investimentos a Deputación de Pontevedra leva xa aprobadas achegas por valor de 36.124.811,97 euros para os concellos da provincia.


Novas relacionadas

Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

25 xuñ 2016, infraestructuras, infraestruturas, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, o rosal, plan