Noticias

A Xunta de Goberno da Deputación aproba dous proxectos de mellora en estradas provincias de Rodeiro e Agolada

As actuacións nestes dous concellos da comarca do Deza suporán un investimento da Deputación de Pontevedra de máis de 650.000 euros


27 outubro 2019
Estradas

O goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra aprobará o próximo martes proxectos de mellora en dúas estradas provinciais da comarca do Deza, ao seu paso polos concellos de Rodeiro e Agolada.

Por unha banda, en Rodeiro actuarase na EP 6204, unha estrada de máis de 7 quilómetros que une a parroquia da Portela e Antas de Ulla. O obxectivo deste proxecto, que conta cun orzamento de 222.826,64 euros, é principalmente a mellora da seguranza viaria, seguindo os parámetros do novo modelo de mobilidad que está a seguir a Deputación..

Pola outra, en Agolada, a actuación terá lugar na EP 6302, unha estrada de 7 quilómetros entre Berredo e Brantega. O proxecto, orzamentado en 435.744,95 euros, ten por obxecto a reposición do firme e a sinalización horizontal entre o punto quilométrico 0+000 ata o 0+060 e do 0+100 e o 7+065.