Noticias

A sede viguesa da Deputación acolle a exposición fotográfica "Vin polo aire"

A mostra recolle máis dunha década de traballo dos fotógrafos Carlos Cifuentes e Zalo Saavedra sobre as aves


07 nov 2016

A sede viguesa da Deputación de Pontevedra acolle dende hoxe a mostra fotográfica "Vin polo aire" dos fotógrafos Carlos Cifuentes e Zalo Saavedra que recolle máis dunha década de traballo fotografando aves.

"Vin polo aire" é a segunda parte doutra exposición denominada "Fun polo vento", coa mesma temática desenvolvida no Palacete das Mendozas en Pontevedra coas que,  como recoñece un dos seus autores, quixeron facer un "guiño" a coñecida letra do grupo vigués "A roda".

Nesta exposición, de 26 fotografías, os autores  introducen unha nova serie de fotos feitas no Mar do Norte onde se poden ven imaxes de "Frailecillos", "Alcatraces" e do "Charran ártico", ademais doutras especies típicas das rías baixas e de toda a península.

Carlos Cifuentes naceu en Vigo, 1966. Leva máis dunha década dedicado á fotografía de natureza. Colaborou en varias publicacións de carácter educativo: "Guía de la visita a las islas Cíes" (Galauda, 2008); "Cíes Islands" (Comenius, 2013); "A Foz of Miñor River" (Comenius, 2013). Foi finalista en "FotoFio Extremadura" nos anos 2013 e 2015.

Nace na Coruña en 1959 e reside en Pontevedra desde 1988. Iníciase na fotografía no ano 1983. En 2006 dá o salto á fotografía dixital centrándose na fotografía de natureza. Desde 2014 modera o foro de flora e fauna de "Ojodigital".

A exposición fotográfica poda ser visita na sede viguesa da Deputación de Pontevedra (rúa Oporto 3) en horario de 10 a 14 horas pola mañana e de 17 a 20 horas polas tardes, dende hoxe luns ate o próximo día 25 de novembro.