Noticias

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asina co alcalde de Vigo, Abel Caballero, o convenio de colaboración para a posta en marcha do Vigo Seafest


02 xullo 2019
Convenio de colaboración para o financiamento do Vigo Seafest

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá co alcalde de Vigo, Abel Caballero, o convenio de colaboración a través do cal a institución provincial fai unha achega de 50.000 € para o financiamento do Vigo Seafest, o evento gastronómico ligado ao peixe máis importante de Europa.

A Deputación, a través da súa axuda económica, ten por obxectivo promover os produtos pesqueiros locais e a súa cultura gastronómica, divulgar a importancia da pesca sustentable, fomentar o consumo do peixe, consolidar o emprego ao promocionar empresas e marcas pesqueiras locais, así como promover Vigo e as Rías Baixas como destino turístico e gastronómico. Este ano chega á súa terceira edición entre os días 4 e 7 de xullo.