Noticias

A mostra "Sorrisos Transformadores" chega este xoves ao auditorio de Caldas de Reis

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Juan Manuel Rey, inauguran a exposición ás 11.30 horas


28 febreiro 2017
Sorrisos Transformadores

A exposición fotográfica "Sorrisos Transformadores", desenvolvida pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* ARELAS, segue a viaxar polos concellos da provincia de Pontevedra. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, encargaranse este xoves ás 11.30 horas de inaugurala no Auditorio Municipal  da vila.

"Sorrisos Transformadores", unha mostra de visibilización positiva do colectivo, xurdiu no marco da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, 28 de xuño, e co obxectivo de lles dar visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo trans e as súas familias, e promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

Ten un carácter itinerante e permanencia no tempo, para deste xeito tratar de prolongar a reflexión por parte da cidadanía, e en Caldas de Reis estará dispoñible no Auditorio Municipal ata o xoves 9 de marzo en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres.

As fotografías buscan prever comportamentos e actitudes discriminatorias por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero.

A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar, á que asistirán no caso de Caldas de Reis alumnas e alumnos do CPI Alfonso VII, o colexio San Fermín e o IES Aquis Celenis.

A mostra fotográfica compóñena 10 imaxes, incluídas as de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, e van acompañadas cada unha dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada persoa e a súa contorna. Vemos, por exemplo, persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadores e educadoras, xuristas, políticos e políticas, psicólogos e psicólogas