Noticias

A ‘Facultade da Compostaxe' iniciará o curso coa nova promoción de mestres composteiros o vindeiro 3 de abril

O vicepresidente Mosquera sinalou a variedade e alto nivel do profesorado do curso de formación dos bolseiros do Plan Revitaliza da Deputación


02 abril 2017
Medio natural

A ‘Facultade da Compostaxe' iniciará mañá 3 de abril o curso coa nova promoción de mestras e mestres composteiros. A xornada de formación comezará ás 15.30 horas co relatorio de varios conferenciantes, e contará cun acto de inauguración oficial ás 18.00 horas no que estarán presentes a presidenta da Deputación Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e representantes da Universidade de Vigo. Así mesmo, o contido virá da man da subdirectora xeral adxunta de Residuos da Secretaría de Estado de Medio Ambiente (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente), e o consultor e investigador da empresa ENT de Barcelona.

O curso de formación está dividido en cinco módulos a desenvolver en cinco semanas. O primeiro trata dos aspectos normativos e lexislativos relativos ao medio ambiente en xeral e aos residuos en particular (a súa prevención, reutilización, reciclaxe). Abranguerá tanto lexislación europea, como española e das comunidades autónomas (particularmente a galega), así como das normas de ámbito municipal (ordenanzas).

O módulo dous centrarase nos aspectos de tipo loxístico propios dos residuos urbanos, nas recollidas selectivas en xeral, pero moi especificamente na da materia orgánica fermentable. Abordaranse tanto aspectos técnicos e/ou tecnolóxicos como organizativos/económicos e serán estudados casos concretos reais actualmente en marcha.

No módulo tres abordaranse os diferentes modos de tratamento dos residuos urbanos de uso estendido para pasar xa a un estudio en profundidade dos aspectos científicos-técnicos específicos da compostaxe. Trataranse peculiaridades propias da compostaxe a pequena e moi pequena escala (de individual/familiar ata comunitaria/produtores singulares), chegando ata instalacións de tipo industrial. Dentro destas últimas centrarase o estudio nas de pequeno tamaño (< 3.000 t/a) que traballen sobre fracción orgánica selectiva na orixe.

O módulo catro consistirá nunha explicación exhaustiva e detallada do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e o cinco será de tipo totalmente práctico nos centros de compostaxe da Cidade Infantil Príncipe Felipe.


Novas relacionadas

Rolda de prensa Mosquera

22 mar 2017, compostaje, compostaxe, césar mosquera, facultade de compostaxe, facultad del compostaje
Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

17 feb 2016, compost, compostaxe, facultade, facultade de compostaxe