Noticias

A Deputada Digna Rivas confirma que o Goberno provincial aprobará o venres o financiamento de novas pavimentacións en Soutomaior

A nova achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supera os 100.000 euros e se destinarán a camiños de Arcade


02 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A deputada provincial Digna Rivas informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres en Xunta de Goberno o financiamento ao Concello de Soutomaior para as obras de pavimentación en camiños de Arcade, concretamente en Arcade de Riba, Carballal, A Devesa, Veigas do Monte e Fonte Xesteira.

As actuacións teñen un importe total de 114.175,82 euros e forman parte dos fondos da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos.

Con estas novas achegas da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior xa ten aprobados 656.808,49 euros co vixente Plan Concellos, que este ano destina á vila un total de 928.649,09 euros, máis dun 74 % máis que no ano anterior.


Novas relacionadas