Noticias

A Deputación xa finalizou o pintado de 37 estradas provinciais na comarca de Tabeirós-Terra de Montes

O lote de pintado nas estradas das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes inclúe 44 vías, que abranguen unha superficie lonxitudinal de preto de 800 quilómetros


05 setembro 2017
Pintado de estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra xa rematou o pintado de 35 estradas provinciais na comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, o que supón o 84 % das vías incluídas no lote de pintado previsto para esta comarca. Por concellos, xa foron pintadas todas as vías que o lote contemplaba en Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Do mencionado lote quedan unicamente pendentes 7 vías provinciais, nas que se está actuando nestes momentos, que corresponden aos concellos de Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Estrada.

No Concello de Lalín, realizouse o remarcado das estradas provinciais EP-6001 Lalín-Botos-Gresande, con 6,800 quilómetros de lonxitude; na EP-6006 Bermés-Palmou, con 2,930 quilómetros; na EP-6007 A Goleta-Cercio e Rodo-Brántega, con 3,960; na EP-6009 Lalín-Rodo- Brántega, con 16,640 quilómetros; e na EP-6010 As Lamas-Muimenta-Ventosa, con 9,850. En Dozón foron tres as estradas nas que se actuou, a EP-6101 Vidueiros-Amedo, con 9,420 quilómetros; a EP-6104 Castro-Dozón-Saa-Rocha, con 8,500; e a EP-6106 Maceiras-Alvarellos, con 6,790. En Rodeiro os traballos realizáronse na EP-6201 Rodeiro-Vilela, con 7,100 quilómetros; na EP-6204 Portela-Antas de Ulla, con 7,270 quilómetros; e na EP-6205 San Salvador-Salto, con 3,850. En Agolada sinalizáronse a EP-6302 Berredo-Brántega, con 7,090 quilómetros; e a EP-6304 Órrea-Val-Brocos, con 8,271. En Vila de Cruces a EP-6407 Caseda-Brandariz, con 3,980 quilómetros; a EP-6408 Merza-Bascuas, con 5,450; e a EP-6410 Bodaño-Merza con 6,910. En Silleda actuouse en 11 vías provinciais, na EP-6501 Grava-Escuadro con 2,210 quilómetros; na EP-6502 Silleda-Castro-Merza con 6,3 quilómetros; na EP-6503 Silleda-Siador-Refoxos con 7,630; na EP-6504 Negreiros-Carboeiro con 5,680; na EP-6506 Breixa-Manduas con 3,550; na EP-6508 Somoza-Escuadro con 2,310; na EP-6509 Escuadro-Silleda con 5,220; na EP-6510 Lamela-Moalde-Senra con 5,780; na EP-6514 Rellas-Escuadro con 2,300; na EP-6515 Senra-Escuadro con 2,020; e no primeiro tramo da EP-6516 Grava-Fiestras, ao que corresponden 0,430 quilómetros.

No Concello da Estrada finalizáronse os traballos de sinalización horizontal en 8 vías das 11 previstas. Os traballos rematados corresponden á EP-7001 A Estrada-Forcarei, cunha lonxitude de 21,550 quilómetros; a EP-7005 Aguións-Santeles-Santa Cristina con 10,600 quilómetros; a EP-7007 Couso-San Miguel de Barcala con 8,160; a EP-7008 denominada ‘Acceso ponte novo' con 0,875 quilómetros; a EP-7011 Pena do Foxo-Olives con 6,360; a EP-7012 Pena-Ribela con 2,040; a EP-7013 Orosa-Orazo con 2,400; e a EP-7019 San Andrés de Vea-San Xulián de Vea con 3,150. As 3 vías restantes do Concello da Estrada nas que se está traballando nestes momentos, e que se prevé que queden finalizadas nos vindeiros días, son a EP-7016 A Estrada-Vinseiro-As Casetas con 17,250 quilómetros; a EP-7022 Codesa-Sevil con 9,560; e a EP-7024 Olives-Sequeiros con 2,070 quilómetros.

No Concello de Forcarei os traballos estanse realizando nestes momentos nas tres vías previstas no lote, na EP-7201 Cachafeiro-Silleda con 22,580 quilómetros; na EP- 7203 Soutelo-Covas con 9,730; e na EP-7204 Soutelo-Ratel con 9,480 quilómetros. Por último en Cerdedo-Cotobade estase actuando na EP-7106 Folgoso-Forcarei, cunha lonxitude de 7,690 quilómetros. O lote inclúe dúas vías máis en Cerdedo, nas que xa se finalizaron os traballos. Son a EP-7101 Cerdedo-A Portela con 10,180 quilómetros; e a EP-7104 Cerdedo-Santo Domingo con 12,290 quilómetros.

Convén lembrar que os traballos de mellora da sinalización horizontal foron contratados polo Departamento de Mobilidade da Deputación co obxectivo de fomentar a mobilidade sustentable e a seguranza viaria como eixos clave. A intención é pintar as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, pasos de cebra, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e renovar o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.

O lote adxudicado para os traballos nas estradas das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, supón o pintado de 44 vías e dunha superficie lonxitudinal de 797,2 quilómetros, cun orzamento inicial de saída de 494.063,23 euros. Tamén hai que sinalar que na comarca de Tabeirós e Terra de Montes se sitúa o concello con máis estradas e lonxitude pintada de toda a provincia: A Estrada, que ao remate das actuacións verá pintados 241,7 quilómetros de sinalización horizontal en 11 vías de titularidade da Deputación. No resto de municipios desta comarca, a lonxitude na que se actuará será en  tres estradas en Cerdedo (48,5 quilómetros) e outras tres en Forcarei (100 quilómetros).Mentres, a comarca do Deza xa se pintaron, durante os meses de xullo e agosto, os 407 quilómetros de sinalizacións horizontais nas 27 vías previstas, das que 109,6 quilómetros corresponden a Lalín (cinco estradas), 74,1 a Dozón (tres estradas), 47 a Rodeiro (tres estradas), 33,4 a Agolada (dúas estradas), 36,9 a Vila de Cruces (tres estradas) e 106 a Silleda (once estradas).