Noticias

A Deputación súmase este mércores ó Día Mundial do Síndrome de Down e tingue de azul o Pazo provincial

A institución provincial aposta por promover a construción dunha sociedade máis inclusiva, xusta, equitativa, plural e democrática


20 marzo 2018
Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra súmase este mércores, 21 de marzo, ao Día Mundial do Síndrome de Down, co obxectivo de reivindicar a construción dunha sociedade máis inclusiva. Así, o Pazo provincial tinguirase de azul desde as 20 h deste mércores ata a mañá do xoves 22 de marzo.

Para o Goberno da Deputación de Pontevedra é fundamental reivindicar a construción dunha sociedade máis igualitaria, máis inclusiva, na que todas as persoas, coas súas diferenzas, poidan participar activamente nos diferentes ámbitos da sociedade e teñan máis e mellores oportunidades. Por este motivo, a institución provincial aposta por recoñecer as diferenzas e o seu valor engadido e atendelas para atopar posibilidades de estar en sociedade e configurar unha vida máis xusta, equitativa, plural e democrática.

Neste contexto, desde a institución provincial estanse a impulsar programas e actividades nas que a igualdade, a diversidade e a inclusión son aspectos fundamentais. Así, por vez primeira, nenas e nenos con Síndrome de Down e diversidade funcional poden participar en programas como os Campamentos da Lanzada, poden ter opcións de ocio e tempo libre mediante o programa "En ruta coa Depo", acceso a un posto de traballo a través de programas como "Depoemprega" ou bolsas de emprego, ou acceso a axudas á clubs do deporte adaptado.