Noticias

A Deputación incrementa este ano a máis de medio millón de euros o financiamento da política social da comarca de Pontevedra con 2.300 persoas beneficiarias

Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos, o SAF, as axudas de emerxencia, a teleasistencia e os programas de ocio ou respiro familiar son iniciativas financiadas pola Deputación


21 agosto 2018
Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida das cidadás e cidadáns e especialmente as familias que necesitan unha maior asistencia, a Deputación de Pontevedra, a través dos seus programas de Cohesión Social, está a financiar a política social dos concellos da provincia. No caso da comarca de Pontevedra este ano beneficia ata o momento a preto de 2.300 veciñas e veciños dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas, Vilaboa e Pontevedra, cun investimento de máis de medio millón de euros (547.677).

Estamos a falar dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e o servizo de axuda no fogar (SAF); as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia, servizos dos que están excluídas Marín e Pontevedra por ter máis de 20.000 habitantes, e todos os programas de ocio, envellecemento activo ou respiro familiar dependentes da Deputación de Pontevedra como "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 ou Depo Aventura A Lanzada, entre outros.

No caso de Barro o Goberno provincial de Carmela Silva destinou no que vai de ano ás políticas sociais da vila un total de 41.968,51 € dos que se están a beneficiar 90 veciñas e veciños do concello. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os Servizos Sociais Comunitarios Básicos co servizo de axuda no fogar (SAF) que atendeu a 16 usuarias e usuarios en 2017; e as axudas básicas de emerxencias, que atenden as demandas das veciñas e veciños que se atopen en situación de risco ou exclusión social e que o pasado ano beneficiaron a 22 familias de Barro. Finalmente, a Deputación tamén financia o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano 2018 a 24 maiores ou persoas con diversidade funcional do concello que viven soas ou con dificultades para desenvolver actividades cotiás. 

En canto aos programas de respiro familiar, ocio ou envellecemento activo, que buscan mellorar a calidade de vida das e dos participantes evitando o seu illamento social, este ano están a ser preto de 30 persoas do concello de Barro as beneficiadas. Falamos, entre outros, de programas como "Depotermal", que ofrece a posibilidade de pasar uns días – con ou sen pernoita – en balnearios da provincia; "Depo en marcha" 2018 para gozar dos obradoiros que ofrece a Deputación; e Depo Aventura A Lanzada no que este ano participaron 16 nenas e nenos da vila. Todas estas iniciativas teñen, ademais, prazas de balde para as familias con menos recursos.

En canto ao Concello de Caldas de Reis, a institución provincial investiu 65.819,57 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a preto de 120 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 22 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 11 familias o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 8 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser ao redor de 72 persoas de Caldas as beneficiadas. Falamos de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada no que este ano participaron 19 nenas e nenos da vila

No que respecta ao Concello de Campo Lameiro, a Deputación investiu 33.060,35 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 60 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 13 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 17 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 6 veciñas e veciños do concello. En canto aos programas, neste 2018 están a ser preto de 30 persoas de Campo Lameiro as beneficiadas. Estes serían "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 6 nenas e nenos da vila.

En relación ao Concello de Cuntis, a institución provincial investiu 48.212,85 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a preto de 120 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 31 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 33 familias o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 11 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser preto de 45 persoas de Cuntis as beneficiadas. Falamos de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 18 nenas e nenos da vila.

Tamén, a Deputación de Pontevedra investiu 38.446,59 euros na Lama para financiar as políticas sociais, que están a beneficiar a preto de 100 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 19 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 21 usuarias e usuarios o ano pasado. En canto aos programas, neste 2018 están a ser máis de 50 persoas as beneficiadas de "Depotermal", Depo Aventura A Lanzada e "Depo en marcha" 2018.

En relación ao Concello de Marín, cun investimento de 8.599,8 euros, son máis de 250 veciñas e veciños os que están a gozar dos programas de actividades que promove a Deputación, como "Depotermal" e "Depo en marcha" 2018. En canto ao que está destinado á xuventude, son 41 rapazas e rapaces os que saíron beneficiados do campamento de verán Depo Aventura A Lanzada.

No que respecta ao Concello de Moraña, a Deputación investiu 34.879,86 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 120 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 6 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 57 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 3 veciñas e veciños do concello. En canto aos programas, neste 2018 están a ser preto de 30 persoas de Moraña as beneficiadas. Falamos neste caso de "Depotermal" e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 18 nenas e nenos da vila.

Por outra banda, no Concello de Poio a institución provincial investiu 107.638,23 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a preto de 200 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 20 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 41 usuarias e usuarios o ano pasado. No que respecta aos programas, neste 2018 están a ser preto de 130 persoas as beneficiadas. Falamos neste caso de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 38 nenas e nenos de Poio.

En canto a Ponte Caldelas, a Deputación investiu 55.045,33 euros para financiar as políticas sociais, que están a beneficiar a máis de 130 persoas. Con estes cartos a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 12 persoas en 2017, e axudas básicas de emerxencia, con 42 usuarias e usuarios o ano pasado. No programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 2 veciñas e veciños do concello.

No que respecta aos programas, neste 2018 están a ser 75 persoas de Ponte Caldelas as beneficiadas de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 20 nenas e nenos da vila.

En relación ao Concello de Pontevedra, cun investimento de 39.639,5 euros, son máis de 785 veciñas e veciños os que están a gozar dos programas de actividades que promove a Deputación, como "Depotermal" e "Depo en marcha" 2018. En canto ao que está destinado á xuventude, son 251 rapazas e rapaces os que saíron beneficiados do campamento de verán Depo Aventura A Lanzada.

No que respecta ao Concello de Portas, o Goberno de Carmela Silva investiu 40.679,8 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 130 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 22 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia que beneficiaron a 60 familias o ano pasado. Tamén, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 7 veciñas e veciños do concello. En canto aos programas, neste 2018 están a ser máis de 40 persoas de Portas as beneficiadas. Falamos de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 15 nenas e nenos da vila.

Por último, a institución provincial investiu no Concello de Vilaboa un total de 33.686,71 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 170 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 9 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a máis de 70 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 7 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser máis de 80 persoas de Vilaboa as beneficiadas. Falamos de "Depotermal", "Depo en marcha" 2018 e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 14 nenas e nenos da vila.