Noticias

A Deputación financia tres novas actuacións na Cañiza coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con preto de 100.000 euros levarase a cabo obras de mellora de viarios e espazos públicos


26 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de A Cañiza ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 96.501,45 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 26.650,27 euros á formación dunha cubrición nunha edificación na praza de San Roque de Gonda-Luneda; outros 34.865,53 euros para financiar a instalación de traída de augas e mellora de viarios en Randulfe (Achas); e, por último, 34.985,65 euros para a reparación de camiños de titularidade municipal no entorno de Paradela e A Miranda (Valeixe).