Noticias

A Deputación financia tres novas actuacións en Moaña coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con cerca de 50.000 euros levaranse a cabo obras de mellora de accesibilidade e recuperación ambiental na zona da Xunqueira, e adquisición de mobiliario e material necesario


28 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o Concello de Moaña ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 48.335,73 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 26.335,73 euros á mellora da accesibilidade e recuperación ambiental na zona da Xunqueira; outros 15.538,43 euros para a subministración de carteis–vitrinas de información do concello; e, por último, 6.461,57 euros para o subministro dunha marquesiña na PO-551 en Tirán.