Noticias

A Deputación financia en Vilanova de Arousa a substitución do céspede artificial no campo de fútbol do Terrón

Trátase dun investimento de 194.777,44 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


30 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Vilanova de Arousa con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 194.777,44 euros cos que a vila poderá financiar a substitución de céspede artificial no campo de fútbol do Terrón.

Máis polo miúdo, a actuación implica a execución dunha serie de obras para a substitución do céspede por un de nova xeración no campo de fútbol. Así, as obras comprenden a desmontaxe do actual céspede e do equipamento deportivo; o saneado de falsas; a subministración e instalación do céspede novo; a marcaxe de liñas; e a reposición dos servizos afectados.