Noticias

A Deputación financia en Meaño a compra dun terreo para a construción dun aparcadoiro

Trátase dun investimento de 95.000 euros ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019


10 marzo 2019
Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha achega para o Concello de Meaño con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. Concretamente trátase dun investimento de 95.670 euros para que a vila do Salnés poida levar a cabo a adquisición dunha parcela en Coirón – Dena que será destinada a realizar un aparcadoiro.

O terreo ten unha superficie de 1.811 m2 e está situado nunha localización que necesitaba novos aparcadoiros, xa que no seu contorno atópanse o pavillón deportivo municipal, o instituto, un colexio, unha gardería municipal, a piscina municipal, unha pista polideportiva descuberta, un parque e o campo de fútbol das Cachizas.