Noticias

A Deputación financia en Gondomar a mellora do parque das Ánimas e a creación dun espazo verde e parque canino

Trátase dun investimento con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019 de cerca de 150.000 €


22 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno dous novos investimentos para Gondomar con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 63.715,58 euros para o acondicionamento do parque das Ánimas e outros 84.920,05 euros para a creación dun parque lúdico e canino na avenida Curros Enríquez.

Máis polo miúdo, no caso do parque das Ánimas mellorarase a zona infantil cun novo conxunto de xogos para crianzas. En canto á segunda actuación, crearase un espazo verde lúdico, con actividade de merendeiros, circuíto biosaudable e parque canino. Para iso, crearanse camiños que crucen a parcela e tamén se fará unha intervención nas redes de saneamento e abastecemento, así como a substitución daquelas acometidas que se atopen en mal estado.