Noticias

A Deputación financia en Cuntis o saneamento no lugar de Ducío

Trátase dun investimento de máis de 152.000 euros con cargo á Liña 1 do Plan Concellos


10 marzo 2019
Plan Concellos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación dun investimento para o Concello de Cuntis con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 152.600 euros cos que a vila poderá financiar o saneamento no lugar de Ducío.

Máis polo miúdo, as obras consistirán na construción dun colector para a rede de saneamento que permita que as vivendas deste núcleo de poboación dispoñan dunha rede específica para augas residuais e fecais e que, ademais, estea conectada a unha depuradora.