Noticias

A Deputación financia dúas novas actuacións en Valga coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con máis de 93.000 euros levarase a cabo a canalización e subministración de electricidade no depósito de Cerneira e o ensanche do camiño O Montiño-A Devesa, en Campaña


01 abril 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o Concello de Valga ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 93.073,48 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 47.191,20 euros para a canalización e subministración de electricidade ao depósito de auga da Cerneira, en Setecoros; e outros 45.882,28 euros para financiar o ensanche do camiño O Montiño-A Devesa, en Campaña.