Noticias

A Deputación financia dúas novas actuacións en Oia coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con cerca de 63.000 euros levarase a cabo a mellora de escolas de Loureza e a subministración de céspede artificial e canastras de baloncesto


28 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o Concello de Oia ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 62.731,22 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 52.694,27 euros para a mellora da accesibilidade e mantemento de escolas de Loureza, e outros 10.036,95 euros para a subministración de céspede artificial e canastras de baloncesto.