Noticias

A Deputación financia dúas novas actuacións en Arbo coa liña 1 do Plan Concellos 2019

Con cerca de 45.000 euros levarase a cabo a pavimentación en diversos lugares da vila e a mellora da eficiencia e seguridade no alumeado público


28 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o Concello de Arbo ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 44.717 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 36.502,03 euros á pavimentación e acondicionamento dos lugares da Chan, Sande, A Moreira e Sela; e outros 8.214,97 euros para financiar o subministro para a mellora da eficiencia e seguridade no alumeado público da vila.