Noticias

A Deputación financia catro novas actuacións en Agolada co Plan Concellos 2019

Con máis de 125.000 euros levaranse a cabo melloras nunha rede de saneamento e en vieiros municipais, reformas na escola de Brocos e substitución de luminarias nun tramo da PO-212


21 marzo 2019
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, catro novos investimentos para o concello de Agolada ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 125.332,3 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 43.824,71 euros para a mellora na rede de saneamento dos núcleos de Quinteiro e do darrio do Carmen, en Borraxeiros; outros 47.921,72 euros para a mellora e a conservación de camiños na rede viaria municipal; tamén, 25.931,17 euros para a reforma da escola de Brocos; e por último, 7.654,7 euros para a substitución de luminarias por LEDS en 27 báculos no tramo de estrada PO-212 entre Agolada e Ventosa.