Noticias

A Deputación entrega máis de 50.000 € a Salceda de Caselas para reparar a cuberta do pavillón municipal

O goberno provincial entregou o 58% do total destinado a Salceda de Caselas dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 331.511,45 €


22 xul 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de outorgar unha axuda por valor de 51.208,65 € ao concello de Salceda de Caselas que a vila destinará, ao abeiro da liña 1 –investimentos– do Plan Concellos 2016, á reparación da cuberta do seu pavillón municipal.

Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial ao abeiro do Plan Concellos 2016. Ata o momento a Deputación leva entregados 45.980 € en liña 1 para a adquisición dunha mini-pala escavadora e dun camión con grúa e volquete, outros 85.208,29 €, correspondentes á liña 2, destinados á iluminación pública. Ademais, 21.302,07 €, na liña 3, para o financiamento da Festa dos Callos 2016, un programa de asesoramento en materia de xénero, a "Carreira Popular 10k" e o programa de atención ás demencias neurodexenerativas, e, por último, 127.812,44 € na liña 4 co que se contrataron a 24 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas profesións nos diversos servizos municipais da localidade.

No que levamos de 2016 a Deputación provincial leva investidos na vila 331.511,45 €, o que representa o 58,4% do total destinado a Salceda de Caselas dentro de Plan Concellos 2016.


Novas relacionadas

Visita as obras en Salceda de Caselas

27 abril 2017, ayudas, 2016, plan concellos, axudas, salceda de caselas, obras, 2017