Noticias

A Deputación entrega 25 mil euros ao Concello de Fornelos de Montes para a renovación do alumeado público

No que vai de ano, a institución provincial leva investidos na vila 209.371,89 €, o que representa o 56 % do total destinado a Fornelos no marco do Plan Concellos 2016


24 mai 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Fornelos de Montes ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016. A contía, por valor de 25.500 €, destinarase á instalación e renovación de alumeado público.

Esta achega súmase aos 57.303.91 €, con cargo a mesma liña, para a mellora de infraestruturas nos termos municipais de Ventín, Freaza e Fornelos e para a adquisición dun camión guindastre para o concello; 38.773,16 €, liña 2, para gasto corrente; 12.542,12 , liña 3, para o IV Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, o XVII Festival de Música Folk, a Festa da Espuma 2016 e o Campionato de Fútbol Sala 2016; e 75.252,70€, dentro da liña 4, para a contratación de 14 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores no concello.

Ata o momento, a institución provincial leva investido na vila 209.371,89 €, o que representa o 56 % do total destinado a Fornelos no marco do Plan Concellos 2016.