Noticias

A Deputación entrega 112 mil euros ao Concello do Porriño para á rede de saneamento en Albarin

No que vai de ano a Deputación leva entregados xa 416.563,16 € a O Porriño, o que representa o 41 % do presuposto total destinado ao concello


01 mai 2016

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención por importe de 112.412,56 €, dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A achega destinarase á rede de saneamento en Albarin.

Esta no é a primeira axuda que o concello do Porriño recibe da Deputación provincial, no que vai de ano ten recibido 38.000 €, encaixados la liña 3, para o financiamento da escola municipal de música e para o apoio e reforzo escolar a menores e desvantaxe; e 228.150,60 €, liña 4, dedicados á contratación de trinta novos traballadores e traballadores que están a desempeñar as súas labores no concello.

O goberno provincial leva entregados xa 416.563,16 € o concello, dos 1.014.003,36 € concedidos, o que representa o 41 % do total destinado para O Porriño no marco do Plan Concellos 2016.