Noticias

A Deputación destina preto de 300.000 euros a Cangas para financiar a reparación da cuberta e da fachada do pavillón do colexio Castrillón-Coiro

Ao abeiro do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición da vila do Morrazo un total de 1.887.810,87 euros, un 73,28 % máis que no 2017


16 xullo 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega para o Concello de Cangas, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 299.042,95 euros. Con esta axuda a institución provincial financiará o proxecto de reparación da cuberta e fachada no pavillón do colexio Castrillón-Coiro.

Con esta nova achega, Cangas xa ten recibido 644.914,53 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 34,16 % do plan provincial. Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.887.810,87 euros, o que supón un 73,28 % máis que o ano pasado.

Co Plan Concellos 2018 a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 de Investimentos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 euros do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.