Noticias

A Deputación destina máis de 70.000 euros á subministración dun equipo NIR para o laboratorio da Finca Mouriscade

O Goberno de Carmela Silva adxudicou o contrato dun novo equipamento para a realización dos análises das mostras de ensilados á empresa Foss Iberia Sau


19 outubro 2019
Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto simplificado, da subministración dun equipo NIR (Near Infrared Spectroscopy) para o laboratorio da Finca Mouriscade. Así, a empresa adxudicada é Foss Iberia, S. A. U., cun orzamento de 72.600 euros.

Tal e como explicou a presidenta da Deputación, a través desta contratación vaise substituír o equipo actual, que data do ano 1993, por un renovado para poder facer o análise das mostras de ensilados. Neste eido, Mouriscade está a facer de media preto de 26.000 análises de ensilados ao ano e o equipo NIR permitirá facer a realización dalgunhas análises en mostras secas en 24 horas, o cal axilizará ás gandeiras e gandeiros e ao persoal técnico a toma de decisións.