Noticias

A Deputación de Pontevedra destina máis de 46.000 € para investir no camiño municipal Igrexa-Asís de Meaño

A institución provincial adxudicou xa o 36,06 % do Plan Concellos 2016 correspondente a Meaño, o que representa un investimento na vila de 167.174,14 €


18 abr 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, acaba de adxudicar unha subvención por valor de 46.174,14 € a favor do Concello de Meaño enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través desta achega o Concello realizará a reforma de pontón no camiño municipal Igrexa-Asís Simes. A realización das obras obxecto do investimento requiren a autorización do organismo Augas de Galicia, estando na actualidade pendente de resolución.

A Deputación de Pontevedra xa adxudicou 17.000 €, enmarcados na liña 3 do plan, para a festa dos muíños, a carreira popular, a festividade da patroa e a escola municipal de música, así como 104.000 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 19 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

A Deputación de Pontevedra destina este ano a Meaño a cantidade total de 463.560,08 € dentro do Plan Concellos 2016, dos cales, no primeiro trimestre de ano, xa se concederon 167.174,16 €, o que supón o 36,06 % do total destinado ao Concello.