Noticias

A Deputación destina a Vilanova de Arousa dúas novas achegas do Plan Concellos por máis de 50.000 euros

Este financiamento destinaranse á construción do paseo marítimo das Sinas e á instalación de xogos infantís no parque Xardín Umbrío


28 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado provincial Javier Dios informou hoxe da aprobación mediante dúas resolucións presidenciais, se dous novos investimentos no Concello de Vilanova de Arousa ao abeiro do Plan Concellos por un total de 50.122,74 euros. Do total, 32.577,74 euros irán destinados á construción do paseo marítimo das Sinas e outros 17.545 investiranse na instalación de xogos infantís no parque Xardín Umbrío.

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 445.028,92 euros na liña 1 destinados ao un equipamento para o ximnasio multiusos, á compra de terreos no Terrón, á ampliación e mellora das instalacións deportivas de Tremoedo, á pavimentación en Corón e en Vilanova de Arousa, ao subministro dunha pista de multideporte, á adquisición dun local para o arquivo municipal, ao acondicionamento de camiños en San Miguel de Deiro, ao reforzo de firme en Caleiro e ao subministro de cadeiras para eventos.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 70.896,82 euros destinados á Festa do Momo, á actuación musical de verán na Festa do Mexillón e o Berberecho e para as Sonatas de Verán 2018. Tamén, outros 168.397,94 euros foron destinados á financiación da contratación de 16 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

A Deputación destina este ano a Vilanova de Arousa, ao través do Plan Concellos, un total de 1.303.860,85 euros, un 76,41 % máis que en 2017.