Noticias

A Deputación destina a Forcarei unha nova achega do Plan Concellos por preto de 45.000 euros

O Goberno de Carmela Silva financiará con este investimento o acondicionamento dun local para o museo


30 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe da aprobación, mediante unha Resolución presidencial, dun novo investimento no concello de Forcarei ao abeiro do Plan Concellos por un total de 44.720,94 euros. Trátase dunha axuda que se destinará ao acondicionamento dun local para o museo.

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 422.720,94 euros na liña 1 destinados a unha reforma de albergue para un ximnasio e para a mellora de camiños nas parroquias de Dúas Igrexas, A Madalena, Meavía, Millerada, Aciveiro e Pereira.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 52.965,88 euros para o pagamento de subministro de enerxía eléctrica. Tamén, outros 80.454,88 euros foron destinados á financiación da contratación de traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a Forcarei, a través do Plan Concellos, un total de 953.228,35 euros, un 73,88 % máis que en 2017.