Noticias

A Deputación destina 340.700 € para pavimentación, saneamento e accesos en Salvaterra de Miño

A institución provincial adxudicou xa o 92,98 % do Plan Concellos 2016 correspondente a Salvaterra de Miño, o que representa un investimento na vila de 589.649,09 €


18 abr 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolucións presidenciais, adxudicou subvencións por valor de 340.700,89 € a favor do Concello de Salvaterra de Miño enmarcadas na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través destas subvencións o Concello realizará a pavimentación de pistas municipais en Couto e Ermitas (22.363,96 €), da rúa San Francisco (20.138,99 €), de pistas municipais en Rañe (39.580,67 €), en Valiño-Cruceiro (23.739,87 €), Bouzo (27.836,62 €), Cantalarrana e Abeleira (25.558,98 €), en Feira, Couto e Cachopal (26.505,59 €), en Ferreiros e Bouza do Viso (29.775,63 €), en Fraga, Saa e Cruz (29.060,53 €), en Gandarela (29.676,92 €) e en Chans (23.455,52 €), así como o saneamento na Igrexa (22.776,82 €) e o acceso ao núcleo de Abelán (20.230,79 €).

Estas subvencións son as primeiras que se aproban con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2016 a favor do Concello de Salvaterra de Miño, aínda que xa se adxudicaron 86.291,8 €, enmarcados na liña 2 do plan, para gasto corrente, 23.505,5 €, enmarcados na liña 3, para a Festa do Viño do Condado e Son da Muralla, e 139.150,90 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 20 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

A Deputación de Pontevedra destinou ao Concello de Salvaterra de Miño a cantidade total de 634.146,66 € dentro do Plan Concellos 2016, dos cales, no primeiro trimestre de ano, xa se concederon 589.649,09 €, o que supón o 92,98 % do total destinado a Salvaterra.

Ademais, o Concello de Arbo, mediante resolución presidencial da Deputación de Pontevedra, acaba de recibir 6.684,44 €, enmarcados na liña 2 do Plan Concellos 2016, destinados ao financiamento de gasto corrente. A institución provincial adxudicou o 39,41 % do plan correspondente a Arbo, o que supón xa un investimento na vila de 139.313,58 €. En concreto, adxudicáronse 49.906 €, no marco da liña 1, para mercar un tractor, 11.483,38 €, no marco da liña 2, para o financiamento do gasto corrente, 2.100 €, da liña 3, para o torneo de fútbol Vila de Arbo, e 75.823,2 €, enmarcados na liña 4, para a contratación de 15 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello de Arbo.