Noticias

A Deputación de Pontevedra súmase á demanda do SATSE de regular por lei o ratio mínimo do persoal enfermeiro "para garantir a seguridade das e dos pacientes"

Carmela Silva asinou a ILP "La sanidad que merecemos. Ley de ratios" e anunciou o traslado ao Congreso dos Deputados do apoio da Corporación Provincial


04 marzo 2019
A Deputación de Pontevedra súmase á demanda do SATSE

A Deputación de Pontevedra trasladará ao Congreso dos Deputados o apoio da corporación á Iniciativa Lexislativa Popular "La sanidad que merecemos. Ley de Ratios", do sindicato SATSE de Galicia, a cal foi detallada no Pleno da institución pola Secretaria Xeral, Carmen García Rivas. A presidenta provincial, Carmela Silva, asinou a petición para o seu debate no Congreso e defendeu "mellores ratios de enfermeiras e enfermeiros para garantir a seguridade das e dos pacientes en centros sanitarios e outros ámbitos".

Carmen García Rivas explicou ante a corporación "que os ratios por paciente non chegan aos mínimos esixidos segundo os estudos feitos sobre as plantillas do persoal enfermeiro dos centros, polo que estamos a poñer en risco a seguridade das e dos pacientes e por iso debemos igualar o ratio coa media europea, que sitúase en 8,8 enfermeiras e enfermeiros por cada 1.000 habitantes mentres que en España é de 5,3 e en Galicia de 4,3". Tras a súa intervención, Carmela Silva, en nome de toda a Corporación, agradeceu a Carmen García Rivas "por vir a este Pleno a expresar as vosas reclamacións" e fixo un recoñecemento ao persoal enfermeiro, "que realiza unha labor fundamental no servizo sanitario".

As demandas do sindicato SATSE tentan poñer solución ás evidencias existentes de que a dotación insuficiente de persoal de enfermería pon en risco a seguridade das e dos pacientes, e do persoal profesional, aumentando a mortalidade e a morbilidade, provocando en consecuencia un maior custo para o sistema sanitario en forma de reingresos ou estancias largas. Así, unha maior dotación de recursos humanos suporá o cumprimento dos niveis de calidade requiridos para garantir a protección á saúde que consagra o artigo 43 da Constitución Española.