Noticias

A Deputación de Pontevedra reúnese co Concello de Sanxenxo para poñer en marcha as escavacións da Lanzada

Trátase dos primeiros pasos relativos á intervención arqueolóxica que a institución provincial realizará no xacemento da Lanzada a partir de xuño


07 mar 2016

A Deputación de Pontevedra mantivo un encontro con representantes do Concello de Sanxenxo para avanzar nos primeiros pasos para poñer en marcha a escavación arqueolóxica da Lanzada. Esta intervención, que comezará en xuño e, previsiblemente, se estenderá ata o mes de agosto, está enmarcada no proxecto de posta en valor dos 18 xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra, no marco do protocolo xeral asinado entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra.

No marco do encontro trasladóuselle ao Concello de Sanxenxo información sobre o protocolo asinado entre a institución provincial e o Ministerio e explicóuselle o primeiro avance do proxecto de intervención, así como as necesidades de organización dos traballos de escavación que se van realizar na Lanzada entre xuño e agosto de 2016. Para iso, a institución provincial trasladoulle ao Concello as necesidades relativas a auga e electricidade; localización da caseta, sanitarios e cartel de obra; localización do vertedoiro; peche da área de intervención; ou colaboración na promoción e difusión, entre outras.

A través da escavación prevese a aparición de estruturas e materiais arqueolóxicos que permitirán afondar no coñecemento do xacemento da Lanzada. Neste contexto preténdese achegar datos para coñecer mellor as relacións comerciais na Idade de Ferro e na época romana no noroeste peninsular entre este punto da xeografía e outros do Mediterráneo coma Palestina, Italia ou Tunisia, para situar este espazo nos circuítos comerciais do momento.