Noticias

A Deputación de Pontevedra financia seis novas actuacións en Ribadumia co Plan Concellos 2019

Con máis de 250.000 euros financiaranse melloras e ampliacións de camiños da vila, no campo de fútbol municipal e na rede de saneamento


28 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, seis novos investimentos para o Concello de Ribadumia ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 253.218,38 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 47.547,24 euros para a ampliación e mellora de camiños; 47.315,15 euros para a rede de saneamento; 47.495,55 euros para a mellora de firmes e da seguridade viaria en diversos camiños do concello; 31.307,48 euros para melloras no campo de fútbol municipal A Senra; 41.315,68 euros para un muro e para a ampliación dun camiño en Poxafeita; e, por último, 38.237,28 euros tamén para un muro e para ampliar un camiño na Aldea da Bouza, en Besomaño.