Noticias

A Deputación de Pontevedra financia en Tomiño a mellora da seguranza viaria e do camiño a Estás

Trátase dun investimento de 216.348,37 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


30 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Tomiño con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 216.348,37 euros cos que a vila poderá financiar a mellora da seguranza viaria e o acondicionamento do camiño de entrada a Estás.

Máis polo miúdo, a actuación implica a pavimentación do camiño, reformulación das instalacións urbanas, substitución da rede de alumeado público, adecuación da rede de pluviais, axardinamento e dotación do mobiliario urbano. Ademais, proponse unha plataforma única como solución idónea da convivencia entre a e o peón e vehículo, redución da velocidade permitida de circulación a 30km/h mediante sinais con pintura reflectante e verticais.