Noticias

A Deputación de Pontevedra financia en Marín a mellora do colector de alivio e pozos de bombeo da Goleta

Trátase dun investimento de 156.069,17 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


30 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Marín con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 156.069,17 euros para financiar o sistema de retención de sólidos no aliviadoiro e equipos para incrementar caudais de impulsión da estación de bombeo de augas residuais da Goleta.

Máis polo miúdo, o que se pretende é dar unha solución técnica ao feito dos alivios constantes no sistema de saneamento a través dunha tapa nun pozo de rexistro no colector que, por gravidade, transporta as augas residuais ata o pozo de bombeo da Goleta. Para levar a cabo esta actuación vaise a rebaixar a cota de saída do aliviadoiro principal do pozo de bombeo, realizando un novo colector e instalando un pozo de alivio con retención de sólidos; e, tamén, se van a substituír as bombas.