Noticias

A Deputación de Pontevedra financia en Lalín a reforma do campo de fútbol de Vilatuxe

Trátase dun investimento de 341.832,65 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


30 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Lalín con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 341.832,65 euros para financiar a reforma no campo de fútbol de Vilatuxe.

Máis polo miúdo, a actuación consiste na mellora do terreo de xogo e actuacións complementarias nunha superficie de máis de sete mil metros cadrados. Así, as obras implican a instalación de céspede artificial sobre capa asfáltica, previo perfilado de terreo, instalación de rego e saneamento, instalación de equipamento deportivo, porterías, elementos complementarios e marcaxe de campo.