Noticias

A Deputación de Pontevedra financia en Cuntis o acondicionamento da escola de Meira

Trátase dun investimento de 122.939,49 euros con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


31 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Cuntis con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 122.939,49 euros cos que a vila poderá financiar o acondicionamento da escola de Meira.

Máis polo miúdo, a actuación implica o acondicionamento e posterior dedicación a viveiro de empresas do antigo edificio da escola de Meira. Así, no viveiro de empresas poderanse realizar actividades como a xestión administrativa, atención ao público e desenvolvemento da xestión administrativa público-privada da e do cliente, labores de formación, e tamén diversas actividades empresariais.